lunes, 12 de septiembre de 2011

Comeza un novo curso

Quen máis e quen menos recorda o seu primeiro día no colexio, a ilusión, os nervios, a cálida man de quen nos levou, os choros, os xogos... Os nosos nenos viviron estes días este inolvidábel momento. Cada un o viviu á súa maneira, dacordo ao seu carácter, e a mín, despois de facer o posíbel para que todo saíra ben, quédame só desexar que me recorden, como a cálida man que os recibiu no seu primeiro día de colexio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario